COMUNICADO DE PRENSA

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas abaixo  (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia)  quere facer público o seguinte Comunicado en relación coa aprobación prevista polo Pleno do Senado para o martes día 17 de Novembro da nova Lei de Estranxeiría:

1.- Lamentar que de novo as aportacións introducidas no tramite parlamentario no Senado son claramente insuficientes. Aínda que se amplían as medidas cautelares alternativas ao internamento e establécese a vixiancia xudicial concreta sobre os centros de internamento, mantense a intolerable ampliación do tempo de estancia neses centros de 40 a 60 días. Noutros aspectos tampouco houbo melloras substanciais: non se garanten os dereitos das mulleres inmigrantes en situación de irregularidade administrativa que sufren situacións de violencia de xenero, por exemplo.

2.- O Foro Galego de Inmigración secunda unha campaña urxente a nivel estatal promovida

por diferentes plataformas , que pretende “bombardear” os correos eléctronicos dos e das senadoras, para que alomenos se introduza unha enmenda que respalda mesmo o Partido Popular para establecer un modelo de 40+20. É dicir manter como prazo xeral os 40 días, coa posibilidade se o considera oportuno o xuíz instructor do expedente de ampliar a mesma aos 60 días.

3.- Aplaudir as actuacións  xudiciais que nos últimos días en Lugo e a súa provincia perseguen a persoas e grupos que se lucran explotando a persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa. Esixir a máxima contudencia con estas actuacións delictivas e recordar que a reforma da Lei que aproba o Senado este martes día 17 insiste en criminalizar as persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa, facilitando polo tanto que caian en mans destas redes de explotación.

Advertisement
Explore posts in the same categories: Uncategorized

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s


Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.