28/05/09
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
COMUNICADO DE PRENSA
O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas ao final (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia) quere facer público o seguinte comunicado en relación coa detención da nosa compañeira Laura Bugallo (responsable da Oficina de Inmigración da CIG en Santiago):
1.- Amosar a nosa solidariedade e agarimo coa nosa compañeira, traballadora incansable na defensa dos dereitos das persoas migrantes. Amosar a nosa plena seguridade de que os posibles delictos que se lle imputen non teñen nada que ver co aproveitamento en beneficio propio do seu traballo coa poboación inmigrante de Santiago e Galiza. Ao contrario, Laura, ten axudado moito a moitas persoas inmigrantes e sabémolo ben todos os integrantes deste Foro.
2.- Manifestar que a propia lexislación de estranxeiría obriga, para poder axudar a persoas inmigrantes en situación de irregularidade, a que as persoas e entidades que traballamos con este colectivo teñamos tamén ás veces que realizar pequenas irregularidades formais. Forma parte case do noso traballo e non pode ser que estas actuacións (facilitar un empadroamento ou un proceso de arraigo) se convirtan en obxecto de persecución policial contra esas persoas ou entidades.
3.- Son actuacións estas que van da liña, que temos denunciado xa neste Foro, de criminalización da poboación inmigrante, transladando a persecución ás persoas e entidades que traballamos con ese colectivo. Axudas a Inmigrantes é fundamentalmente o delicto que se lle imputa a nosa compañeira Laura Bugallo, encuberto na forma de “falsificación documental ou axuda á inmigración irregular”. Ademáis sorprende que a nosa compañeira tivera que pasar detida case 48 horas na comisaria antes de pasar a disposición xudicial esta mesma mañá . Insistimos para rematar: NON PODE SER QUE AXUDAR A INMIGRANTES EN SITUACIÓN IRREGULAR SEXA DELICTO.
Para máis información con Miguel Fernández ou Rocio Rodríguez(CasaLatinoamericana) (981-580506 – 662-307019- 600-876480) Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es
Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo, Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Cite-CCOO, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida-izquierda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, AIDA, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”, ACCEM, Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego, ASMIREFE., Asociación Renacer, Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña, Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior, Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña. Asociación Cultural e Intelectual de Santiago de Compostela. Asociación de Senegaleses de Ourense. Asociación Marusía de Emigrantes Retornados. Asociación de Peruanos en Galicia.