04/02/09

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

COMUNICADO DE PRENSA

O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas abaixo  comeza esta semana unha serie de xuntanza solicitadas aos candidatos á Presidencia da Xunta das principais forzas políticas galegas.  Presentaremos un documento que recolle as principais demandas do colectivo inmigrante e emigrante retornado de Galicia. En síntese as principais demandas son:

1.-  Deseñar e desenvolver unha política propia a nivel autonómico, contando co colectivo e as súas demandas. Aposta e compromiso por promover unha  sociedade galega intercultural.

2.- Garantir o acceso aos servizos públicos básicos: educación, saúde, vivenda  e benestar social, en condicións de igualdade respecto ao conxunto da poboación. Esta garantía debe incluír ás persoas inmigrantes residentes en Galicia que transitoriamente se atopen en situación de irregularidade administrativa e nomeadamente planos que axuden a paliar o fracaso escolar no ensino obrigatorio e faciliten a participación dos país/nais do alumnado inmigrante; acceso aos servizos de saúde na súa totalidade e con posibilidade de interlocución co persoal sanitario; igualdade na posibilidade de acceder as diferentes axudas para vivenda en réxime de alugueiro e propiedade; acceso á RISGA e aos outros servizos e prestacións de benestar social.

 3.- No ámbito laboral: manter o principio da igualdade de dereitos e deberes respecto ao conxunto da poboación traballadora; evitar, denunciar e perseguir a explotación laboral de traballadores e traballadoras inmigrantes; establecer catálogos de ocupacións de difícil cobertura que respondan á realidade do mercado laboral  galego; promover programas de inserción laboral específicos para este colectivo cando sexa necesario  e garantir o acceso en condicións de igualdade ao conxunto de  actuacións dirixidas á loita contra o desemprego.

4.- Compre tamén unha política de xénero que recolla a situación específica das mulleres inmigrantes en xeral e dalgúns colectivos en situación de especial indefensión como as empregadas de fogar, mulleres que exercen a prostitución ou obrigadas a prostituírse,  mulleres  vítimas da violencia de xénero.

5.- Perseguir e denunciar  de forma contundente posibles actuacións discriminatorias ou de contido racista. Deseñar planos de actuación específicos que permitan a axeitada integración do colectivo inmigrante nos ámbitos educativos, laborais e sociais en xeral, con orzamentos axeitados e coa extensión efectiva da figura dos mediadores interculturais ao conxunto dos concellos de Galicia.

6.- En relación co colectivo de emigrantes retornados: Na actualidade están a darse situacións de falta de ingresos e polo tanto de pobreza e exclusión social, polo que debe estenderse o tempo de duración das prestacións e axudas que teñen na actualidade.

Para máis información: Miguel Fernández (981-580506)-Rocío Rodríguez (600-876480)

Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo,  Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Cite-CCOO, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida-izquierda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, AIDA, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”, ACCEM, Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego,  ASMIREFE., Asociación Renacer,  Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña, Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior, Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense, Asociación de Guineanos de A Coruña.

Advertisement
Explore posts in the same categories: Uncategorized

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s


Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.