O Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas abaixo, CONVOCA o grande acto Final da Campaña: TOD@S SOMOS INMIGRANTES, Coincidindo coa celebración do Dia Mundial das Migracións .
Este grande acto central desenvolverarse hoxe xoves día 18 de Decembro na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela entre as 18:30h e as 20:30 H, acollendo a representantes de asociacións e entidades doutras parte de Galicia. O acto pretende facer público o compromiso das persoa inmigrantes con esta nosa sociedade de acollida e revindicar os mesmos dereitos e deberes para todos e todas, incidindo tamén na necesidade de eliminar actuacións contrarias a esta igualdade de dereitos que vimos denunciando nas últimas semana. O Acto culminará ás 20:00h cunha Concentración Revíndicativa que incluirá lectura de Manifesto e Cacerolada Solidaria.
Os actos que se desenvolverán a partir das 18: 30 h incluirán tamén
·Reparto de balde de Pulseras informativas e solidarias coa lenda: “tod@s somos inmigrantes”.
·Reparto de folletos informativos.
·Actuacións musicais diversas.
Fronte as actuacións políticas orientadas a limitar os dereitos das persoas inmigrantes en diferentes ámbitos polo gobernó central e as institucións europeas, o Foro Galego de Inmigración con este acto festivo, pero tamén revindicativo, quere poñer de manifesto o desexo das persoas inmigrantes residentes en Galicia de vivir e traballar de forma conxunta co resto da sociedade para superar estes momentos difíciles de crise económica e aumento do desemprego, somos membros activos e activas desta sociedade e queremos contrbuir solidariamente ao seu desenvolvemento, solicitando tamén os mesmos dereitos e deberes para todos e todas. Insistiremos na denuncia das actuacións contrarias á dignidade das persoas inmigrantes que vimos denunciando nas últimas semanas en Galicia. O texto que leremos na Concentración incidirá nos seguintes puntos:
1.- Recordar que o dereito a emigrar, a circular libremente polos diferentes países e territorios , é un dereito humano fundamental recoñecido pola Declaración Universal que acaba de cumprir 60 anos de vixencia.
2.- Que as persoas inmigrantes vimos aquí para atopar un lugar no que poidamos vivir coas nosas familias en condicións dignas, pero que tamén contribuimos de forma notable ao desenvolvemento económico, cultural e social de Galicia e de España nos últimos anos.
3.- Que as persoas inmigrantes aportamos a nosa forza de traballo, pero tamén as nosas culturas, valores, ideas e coñecementos. A maior parte das veces non temos outra alternativa que emigrar
dos nosos lugares de orixe, aínda que non nos guste e sendo conscentes de que os nosos países quedan máis empobrecidos coa nosa marcha.
4.- Que a maior partes das persoas inmigrantes residentes aquí optamos por desenvolver neste país o noso proxecto vital e o das nosas familias, e que independentemente da situación económica boa ou mala ntemos dereito a vir e/ou a seguir aquí.
5.- Que as persoas inmigrantes pedimos neste contexto de crise como no de bonanza económica anterior igualdade de dereitos e obrigas con respecto ao resto da poboación Somos e sentímonos tamén de aquí.
6.- Por todo o anterior, rexeitamos as medidas e propostas orientadas a limitar os nosos dereitos individuais, laborais e sociais:
- A chamada Directiva Europea de Retorno, unida á proposta do goberno español de ampliar o tempo de estancia nos centros de internamento ata os 60 días.
- O programa de Retorno Voluntario, coa posibilidade de cobrar a prestación de desemprego acumulada de forma completa, ou a fortísima limitación dos catálogos de ocupacións de difícil cobertura.
- No horizonte, a anunciada limitación do noso dereito ao reagrupamento familiar ou a ampliación de prazo para poder acceder ao arraigo social, cuestións que serían terribles de se converter en realidade para moitos e moitas de nós e para as nosas familias.
7.- Por último, queremos solicitar tamén o máximo respecto para as persoas inmigrantes que estamos en situación irregular: que non se abran procedementos de expulsión se non hai indícios de delicto, e que teñamos acceso de forma axil e eficaz aos servizos e prestacións ás que teñen dereito as mulleres vítimas da violencia de xénero entre outro servizos públicos.
Para máis información: Miguel Fernández (981-580506/981576142)-Rocío Rodríguez (600-876480) Organizacións que conforman o Foro Galego de Inmigración: Asociación Amarante, Asociación Amani-Galiza, Asociación Chambo, Asociación de inmigrantes Gondwana, Asociación de Argentinos en el Exterior, Asociación Plataforma polo Emprego, Asociación Puente Cultural Rumano-Gallego, Asociación Universia, Attac Compostela, Asociación de inmigrantes Casa Latinoamericana en Galicia, Cáritas Interparroquial Santiago, Cáritas Milladoiro, Cite-CCOO, Colectivo Brasileiro, Colexio Oficial de Educadores Sociais de Galicia, Comisión de Migración do BNG, Comité Óscar Romero de Santiago de Compostela, Coordenadora Diocesá de Acción Católica, Cruz Vermella, CUT, Departamento de Migracióin da CIG, Esquerda Unida-izquierda Unida, Foro Debate e Acción, Inzar, Juventudes Marianas Vicencianas, Mans Unidas, Misioneros Combonianos, Mulleres Cristiás Galegas, Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de A Coruña, PsdeG-PSOE-Santiago, Seminario Galego de Educación para a Paz; Voluntariado Rogas. Uruguayos por el Mundo Carballo, Asociación de Venezolanos en A Coruña, Hermandad Venezolana de A Estrada, Asociación Equs Zebra, Asociación Batuko-Tabanka, AIDA, Cáritas de Lugo, Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, Asociación Cultural para las Migraciones Colombianas “ACUMIC”, ACCEM, Ecos do Sur, Sindicato Labrego Galego, ASMIREFE., Asociación Renacer, Mediomundo Uruguayos en Coruña, Galicia Terra de Acollida de Ourense, AMESPA, Asociación de Venezolanos del Deza, ASCD Amigos de Venezuela de Vigo, Hermandad de Venezolanos das Rías Biaxas, Asociación Casa de Inmigrantes Oya de Arteixo. Asociación Banda Oriental, Asociación Centro Argentino de Carballiño-Asociación Latinoamericana, Cáritas de A Coruña, Asociación de Argentinos de Lalín, Fundación Juan Soñador, Asociación de Mulleres Anovar de Galicia, Asociación Venezolana do Salnés, Casa Argentina de La Coruña, Comunidade do Castiñeiriño de Santiago de Compostela,Parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, Asociación Recandea, Agrupación de Inmigrantes Latinoamericanos Ntra Sra de Guadalupe de Pontevedra, Asociación de Emigrantes Retornados de A Mahía, Médicos do Mundo, Asociación de Venezolanos de Santiago, Cosior, Aseser Teranga, Asociación Ouresá-Venezolana, Asociación Ñane-Reta Paraguay, Asociación Multicultural de Mujeres de Vigo; Agra Humanista, Marineda, Orense Acoge, Federación de Anpas, Forum Propolis, Asociación 25 de Agosto de Uruguay, Asociación Fonte de Ourense, Cáritas Diocesá de Ourense. Asociación de Guineanos de Galicia.